top of page

Facemos por ti

Nume quere aportar a todas aquelas que o precisen unha opción profesional ao menor custo posible. Para iso unha das nosas maiores apostas é crear un sistema de contratación e facturación adaptado as necesidades de calquera que o reclame.


Para iso, nós, facemos por ti, todos os trámites necesarios para profesionalizar a túa actividade musical ou de artes escénicas. Contratación, Altas na seguridade social, Facturación, Seguros necesarios para cubrir as actividades e Formación.

Contratación:

Asinamos por vos un seguro coas persoas contratantes revisado polo noso departamento xurídico, para que nunca teñades que preocuparvos por axentes externos a vos.

Altas na seguridade social:

Dámosvos cobertura legal para poder traballar, cotizando, coas nóminas esixidas polo convenio de artístas, con dietas, pernoctas e quilometraxe de ser preciso.

Facturación:

Preparamos a factura en calqueira medio requerido para xestionar os vosos cobros.

Seguros:

Dispoñemos de seguros específicos para cubrir calqueira imprevisto. Accidentes, impagos, etc.

Formación:

Ademais, grazas ao noso departamento fiscal, laboral e contable, contamos con formación específica e adaptada a vos para que sempres contedes co mellor asesoramente posible.

Redes de distribución: 

Apoiamos os profesionais das artes escénicas e a música na súa difusión e visibilidade. Por iso, ofrecemos un servizo completo de xestión e inclusión en redes culturais como Galaescena da AGADIC, as Redes das Deputacións (+Música ou a Rede Cultural da Deputación da Coruña). Por 40€, aseguramos a túa presenza en redes clave para que poidas acceder a novas oportunidades de actuación e conectar co teu público.

Todo isto pode ser posibles cumplindo dúas condicións básicas, establecerse por riba dos mínimos legais establecidos nos convenios de artístas e cunha retención entre o 7 e o 10% do importe total en función da complexidade do proxecto cun mínimo de 20€ por todas as xestións nomeadas anteriormente.

 

Facer as cousas ben é posible

bottom of page