Nume Producións
Nume é a idea súbita e espontánea, brillante e oportuna; a inspiración.
Nume somos
Álvaro Carballo, Artur Puga e Patricia Seoane son os nomes propios detrás de Nume Producións, unha nova axencia galega adicada a distribución, produción, programación de eventos e cobertura legal para o desenvolvemento cultural da música e as artes escénicas.
Baseámonos nas aprendizaxes da sabedoría popular, para aportar comunidade, traballo e paixón, sempre cunha visión contemporánea, profesional e actualizada. Contamos con departamento de asesoramento fiscal, laboral, contable e xurídico especializados no sector artístico, co fin de sentar as bases dun proxecto firme para facermos cultura con calidade e corazón.
A familia Nume
Carmela
Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, etendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade.
O resultado é un repertorio con fondas referencias á interpretación tradicional, empregando recursos que van dende a combinación tímbrica ou o emprego de instrumentos electrónicos, co obxectivo de acompañar de xeito coidado e respectuoso cada unha das melodías.
Xan Pérez Cuarteto
Xan Pérez Cuarteto é un grupo de apariencia rockera que traballa con melodías extraídas da música tradicional galega, tanto da música vocal como da instrumental.
Este cuarteto caracterízase por unha marcada sonoridade garage camiñando entre a contemporaneidade e o tradicional a través de paus como o funk ou o flamenco; xogando coa psicodelia e a profundidade.
Os concertos que ofrecen están enfocados á diversión, ao baile pero tamén á escoita onde se poderán apreciar todos estes matices musicáis dos que falamos anteriormente e o concepto do grupo.
Xan Pérez Cuarteto está formado por:
Xan Pérez á voz, percusión de man e gaita.
Miguel Fraile á guitarra eléctrica.
Jose Manuel Díaz ao baixo eléctrico.
Noli Torres á batería.
Quintela
Este proxecto busca os límites sonoros da gaita a través da descontextualización do instrumento, moi influenciado pola perspectiva de xénero na busca dun produto sonoro que se afasta das tradicionais predominancias tanto acústicas como físicas da gaita galega..
Influenciada por autoras como Elianne Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone, os directos de Carme López presentan ambientes sonoros calmos que diseccionan o instrumento e xogan coas súas posibilidades.
Arredores
Arredores nace das inquedanzas de Andrés e Icía por recuperar as melodías e os cantos do folklore das súas respectivas zonas (as Mariñas de Betanzos no caso dun e Cerqueda no caso doutra). É esa a razón do nome que temos: Arredores. Ambos foron criados dende nenos nun ambiente de música e tradición popular no que xa se vían envoltas as súas familias. Esta e outras razóns, fan que exista moita afinidade personal e musical entre eles.
Miguel Fraile
A través da figura do folclorista Agapito Marazuela, Miguel presenta un recital de guitarra entre o clásico, o flamenco e o popular.
Composicións orixinais de Marazuela, arranxos propios de melodías tradicionales e obras de compositores de principios do século XX.
Unha homenaxe á guitarra e ás personalidades que viviron entre dúas augas: bebendo do saber popular e amais profundizando nas técnicas e coñecementos musicais.
Sindicato do Folclore
A música que fan dende Sindicato do folclore pretende levar a música tradicional por sonoridades moi cercanas ao jazz sempre pensando no baile como punto de partida, de xeito que os ritmos tradicionais son o seu motor principal tanto cando fan música instrumental como cando tocan cancións de recollidas.
Chavellos
"Segunda-feira sinfónico"
Chavellos é un grupo de música folc que parte da tradición oral galega, así como doutras culturas, no que se mesturan sonoridades tradicionais e vangardistas.
Formado por músicos do país procedentes de diversos estilos, presentan un espectáculo fresco e dinámico cunha sonoridade inconfundiblemente atlántica.
"Segunda-feira sinfónico" é un espectáculo de 1h e 30 min. de duración, no que presentan os temas do seu segundo disco e unha selección de temas do primeiro traballo orquestrados para banda sinfónica.